Alianza Marinera de Moaña, La
Alianza Marinera de Moaña, La
Sindicato de mariñeiros e traballadores da industria pesqueira do concello de Moaña, fundado no 1919 e clausurado nos inicios da sublevación militar de 1936. Fortemente vinculado á Alianza Marinera de Cangas, pasou dunha afiliación socialista á anarquista a partir de 1931. O seu obxectivo era a conquista de melloras laborais como o aumento salarial, a redución da xornada laboral ou implantación dun seguro de accidentes no traballo. Foi un dos sindicatos pesqueiros que máis actuou na procura dunha solución do conflito que, do 1932 ao 1936, provocou ás flutuacións do prezo de venda da sardiña.