Alianza para o Progreso

Alianza para o Progreso

Programa para o desenvolvemento de Iberoamérica, para 1961-1970, elaborado pola administración Kennedy e aprobado en Punta del Este, Uruguai (agosto de 1961), polos EE UU e polo resto dos membros da OEA, coa exclusión de Cuba. O seu obxectivo principal era favorecer o desenvolvemento dos países americanos diante do perigo revolucionario. Resultou, sen embargo, inoperante.