Alicia
Alicia
[ONOM]
Este nome ten a mesma orixe e significado que o xermánico Adelaida, do que procede a través do antigo nome francés Aalis. A forma francesa antiga Aalis /Aalais latinizouse en Alicia, Alesia e pasou a Inglaterra baixo a forma Alice. Tras un período de esquecemento nos dous países, volveu a pórse de moda grazas á obra de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas (1865). Desde aquela é un dos nomes máis espallados no mundo anglosaxón. Esta forma cadra cun dos hipocorísticos ingleses de Elisabeth. A festividade de Alicia celébrase o 23 de xuño.