alicíclico -ca

alicíclico -ca
adx [QUÍM]

Compostos orgánicos carbocíclicos que non pertencen á serie aromática. Os hidrocarburos alicíclicos denomínanse engadindo o prefixo ciclo- ao nome do hidrocarburo alifático do mesmo número de carbonos. Os seus produtos de substitución chámanse, en xeral, seguindo as regras aplicables aos compostos alifáticos. A forma e estabilidade dos ciclos destes compostos dependen do número de carbonos e da súa eventual insaturación.

Palabras veciñas

alicerzar | Alicia | Alicia no País das Marabillas | alicíclico -ca | aliciente | alicina | alicorno