aliñación
(< aliñar)
-
s
f
Acción e efecto de aliñar ou aliñarse.
Sinónimos: aliñamento. -
s
f
[ASTRON]
Cada unha da liñas das cartas celestes que teñen como finalidade axudar a recoñecer as estrelas e as constelacións, e representan círculos máximos da esfera celeste.
-
s
f
[BÉL]
Efecto de colocar as tropas, individualmente ou en corpos, sobre unha liña recta imaxinaria que se supón trazada no terreo.
-
s
f
[CONSTR]
Conxunto de estacas postas en liña para sinalar un límite entre dúas parcelas de terreo ou a posición dunha futura construción.
-
s
f
[DEP]
Xogadores dun equipo designados polo adestrador ou seleccionador para disputar un partido.
-
[INFORM]
-
s
f
Colocación de texto e imaxes nun documento informático conforme a uns determinados parámetros.
-
aliñación xustificada Xeito de colocar texto nun documento polo que cada liña completa mide exactamente o mesmo que a anterior.
-
s
f
-
s
f
[MAR]
Liña recta na que cómpre manter os barcos cando navegan en formación.
-
s
f
[TECNOL]
Efecto de acordar todos os circuítos oscilantes dun emisor ou dun receptor electrónico á frecuencia exacta que lles corresponde.
-
s
f
[TECNOL]
Efecto do aliñamento, operación consistente en aliñar pezas ou partes de pezas.
-
s
f
[TÉXT]
Disposición dos debuxos, cadros, ou raias ou nunha peza de tea, de xeito que coincidan nas costuras.
-
s
f
[XEOG]
-
Calquera liña trazada sobre o terreo que se mantén constante na súa dirección ou na súa forma. Na práctica está definida por medio de estacas que se cravan na terra, intercalándoas entre os extremos da aliñación.
-
A definida pola liña de intersección do terreo cunha superficie vertical non plana que pasa por dous puntos dados.
-
Liña de intersección do terreo co plano vertical que pasa por dous puntos establecidos. Se non se fai mención especial ao falar dunha aliñación, pódese considerar que é recta.
-