aliñamento
(< aliñar)
-
s
m
Acción e efecto de aliñar ou aliñarse.
Ex: O aliñamento das edificacións é cuestión prioritaria en urbanismo.
Sinónimos: aliñación. -
s
m
Liña segundo a que se fai un aliñamento.
Ex: O novo aliñamento da rúa impide a masificación de construcións.
-
s
m
[ARQUEOL]
Tipo de arquitectura monumental que consiste nun conxunto de pedrafitas dispostas en ringleira nun espazo aberto seguindo un plan predeterminado (emprego de perspectiva, medidas secuenciadas...) das que descoñecemos o seu obxectivo e súa función. Os máis coñecidos dos aliñamentos megalíticos son os armoricanos, principalmente, Le Grand-Menhir ou Menec, alleos ao NO peninsular.
-
s
m
[COMUN]
Adxudicación dun cliente ou conta publicitaria para a mesma axencia de publicidade en varios países distintos.
-
s
m
[DER]
Liña fixada polos planos, estudios de detalle e normas urbanísticas que debe ser obrigatoriamente respectada polas edificacións urbanas na súa situación respecto ás vías e prazas públicas.
-
s
m
[ECON]
Operación de política económica pola que un estado adopta medidas igual ca as tomadas por outros estados ou decididas por organismos de cooperación económica internacional. Ten unha importancia especial no comercio exterior e no campo monetario.
-
s
m
[ESCR]
Igualdade na disposición que poden adoptar as liñas nun parágrafo ou texto calquera.
Ex: Aliñamento á dereita do texto con sangrados.
-
s
m
[POLÍT]
Nas relacións internacionais, acción e efecto de aliñarse nun dos grandes bloques que encabezaban os EE UU e a URSS nos tempos da Guerra Fría. O termo utilizábase sobre todo en senso negativo, non aliñamento, para referirse aos países que facían profesión de neutralidade e de non pertencer a ningún dos dous bloques.