alisador -ra
alisador -ra
(< alisar)
-
adx
Que alisa ou serve para alisar.
Ex: Colleron a pa alisadora para preparar o camiño.
-
s
m
Ferramenta que serve para alisar.
Ex: Esa táboa plana pode servir como alisadora.
-
s
m
[TECNOL]
Rolete de buxo ou doutra madeira forte, de superficie lisa, con dúas agarradeiras nos seus extremos, que utilizan os cereiros para alisar e puír as ceras.
-
s
f
[TECNOL]
Máquina para puír a superficie da pel adobada e acabada. Xeralmente é un tambor rotativo de metal ou de madeira, recuberto de feltro ou tecido de la, contra o que se aplica a pel estirada.