alisador -ra

alisador -ra

(< alisar)

  1. adx

    Que alisa ou serve para alisar.

    Ex: Colleron a pa alisadora para preparar o camiño.

  2. s m

    Ferramenta que serve para alisar.

    Ex: Esa táboa plana pode servir como alisadora.

  3. s m [TECNOL]

    Rolete de buxo ou doutra madeira forte, de superficie lisa, con dúas agarradeiras nos seus extremos, que utilizan os cereiros para alisar e puír as ceras.

  4. s f [TECNOL]

    Máquina para puír a superficie da pel adobada e acabada. Xeralmente é un tambor rotativo de metal ou de madeira, recuberto de feltro ou tecido de la, contra o que se aplica a pel estirada.

Palabras veciñas

alipterio | ALiR | alisado -da | alisador -ra | alisadura | alisamento | Ališan, Ghevond