alisamento
alisamento
(< alisar)
-
s
m
Acción e efecto de alisar.
Sinónimos: alisadura. -
s
m
[TECNOL]
Operación de someter as peles á acción da alisadora.
-
s
m
[MAT]
Conxunto de métodos para o tratamento de datos estatísticos de tipo cronolóxico ou series temporais, que teñen por obxecto facer previsións a curto prazo baseadas nos datos anteriores. A máis empregada é a técnica denominada das medias móbiles, que toma como previsión a media aritmética dos N últimos datos. Unha elaboración da anterior é o método do alisamento exponencial que consiste en dar un peso decrecente aos datos máis arredados do instante actual, no canto de darlles o mesmo.