alistamento

alistamento

(< alistar)

  1. s m

    Acción e efecto de alistar ou alistarse.

    Ex: Debemos ver os alistamentos para saber se estamos incluídos.

  2. s m [BÉL]

    Conxunto de trámites destinados a establecer as listas dos mozos que teñen que prestar o servizo militar obrigatorio. No estado español, a inscrición faise dentro do ano natural no que o mozo cumpre 17 anos, a clasificación e o sorteo aos 18 e a incorporación dentro do ano no que cumpre 19, agás solicitude de prórroga por algunha causa establecida no regulamento. O trámite realízase nas oficinas que os concellos deben habilitar, atendidas por funcionarios municipais. No caso de que o mozo non cumpra co trámite do alistamento no tempo e forma regulamentarios será declarado prófugo.

Palabras veciñas

Alison, Archibald | alistado -da | alistador -ra | alistamento | alistar | alistir | alita