alistamento
alistamento
(< alistar)
-
s
m
Acción e efecto de alistar ou alistarse.
Ex: Debemos ver os alistamentos para saber se estamos incluídos.
-
s
m
[BÉL]
Conxunto de trámites destinados a establecer as listas dos mozos que teñen que prestar o servizo militar obrigatorio. No estado español, a inscrición faise dentro do ano natural no que o mozo cumpre 17 anos, a clasificación e o sorteo aos 18 e a incorporación dentro do ano no que cumpre 19, agás solicitude de prórroga por algunha causa establecida no regulamento. O trámite realízase nas oficinas que os concellos deben habilitar, atendidas por funcionarios municipais. No caso de que o mozo non cumpra co trámite do alistamento no tempo e forma regulamentarios será declarado prófugo.