alistado -da

alistado -da

(< alistar)

  1. p reg

    de alistar.

  2. adx e s

    Dise da persoa que está inscrita nunha lista.

    Ex: Anxo foi alistado para facer o servizo militar.

  3. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe semellante ao bonito, pero de corpo máis robusto e sen escamas -agás no escudete e na liña lateral- e de cor azul escura na parte superior e prateada cunhas liñas lonxitudinais na inferior. É unha especie epipeláxica e oceánica, que pode vivir ata os 260 m de profundidade, xeralmente en áreas de converxencia entre masas de auga e enafloramentos, formando bancos asociados a outras especies de túnidos.

Palabras veciñas

alismatal | alismátida | Alison, Archibald | alistado -da | alistador -ra | alistamento | alistar