Allemane, Jean

Allemane, Jean

Político e tipógrafo francés. Participou na Comuna de París, feito polo que foi condenado no 1871 a traballos forzados en Nova Caledonia, para ser amnistiado en 1880. Militou no Partido Socialista Posibilista e promoveu a súa á esquerda, coñecida como allemanista, para provocar a escisión en 1890 e a fundación do Partido Socialista Revolucionario. Escribiu Mémoires d’un communard (Memorias dun comuneiro).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Herblay, Val

  • Nacemento

    Lugar : Salvaterre, Alto Garona

  • Deceso

    Lugar : d´Oise