Alma-Ata

Alma-Ata

Capital da oblast’ de Alma-Ata, Kazakhistán, nas estribacións do Sajkiskij Alatau (1.172.400 h [1995]). Atópase nunha chaira fértil, regada polos numerosos torrentes que baixan do Tien-Shan. É un centro comercial, que se desenvolveu rapidamente coa construción do ferrocarril Turk-Sib (Turquestán-Siberia) no ano 1930.