Alma-Tadema, Laurens

Alma-Tadema, Laurens
Nome científico: [ou sir Lawrence]

Pintor angloneerlandés. Formouse en Anveres onde foi discípulo de Gustaaf Wappers e Hendrik Leys. Nacionalizouse inglés no ano 1873. A súa pintura, de técnica moi realista, reproduce ambientes das civilizacións antigas aínda que tamén cultivou o retrato. A Coroa inglesa outorgoulle o título de cabaleiro no 1899. Pintou, entre outras obras: A décima praga de Exipto (1863), Mulleres galo-romanas (1865), A momia (1867-1869) e Un emperador romano (1872).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dronrijp, Frisia

  • Deceso

    Lugar : Wiesbaden