Almanaque Gallego

Almanaque Gallego

Publicación bilingüe nada en Bos Aires o 6 de febreiro de 1898 como complemento de El Eco de Galicia (1892). Cesou no ano 1927. Fundada e dirixida por Manuel Castro López, contaba coa colaboración de Carré Aldao, Benito Fernández Alonso, Xesús R. López, Lence Santar, Leiras Pulpeiro e Murguía, xunto á participación artística de Asorey e Álvarez de Sotomayor, entre outros. Incluíanse textos en prosa sobre historia, costumismo e sociedade, traducións ao galego de textos bíblicos de Pérez Ballesteros e poesías de Curros, Pondal e Noriega Varela, entre outros. Ademais de partituras, fotografías, reprodución de cadros e debuxos.