Almanzor
Nome co que se coñece a Abū ‘Amīr Muhammad ibn Abī ´Amīr al Man ṣ ūr, ḥ āğib (gobernador) de Córdoba. Descendente dunha familia árabe ienemí establecida no Al-Andalus dende a conquista, ocupou importantes cargos administrativos durante o Califato de al- Ḥ akam II, ata que foi nomeado titor de Hišam II (976). Coa axuda da nai do novo califa, illouno da política, eliminou o Mu ṣḥ afí e Galib e, nomeado ḥ āğib (978), converteuse no amo absoluto do poder de Córdoba. Emprendeu cincuenta e seis campañas vitoriosas en terras cristiás entre 977 e 1002. A expedición que lle deu máis gloria foi a realizada a Santiago de Compostela no ano 997, promovida pola oposición aristocrática que conspiraba contra o Rei galego Vermudo II e pensada como un castigo para o Rei, que non quixera satisfacer o pagamento dos tributos a Almanzor. Durante a campaña arrebatou Coimbra ao Reino de Galicia, saqueou León e Astorga, e reuniu en O Porto os seus exércitos para entrar en Galicia pola ría de Vigo cara a Padrón. O 10 de agosto do 997 entrou en Santiago de Compostela, que era un dos máis importantes centros da cristiandade, arrasando casas, pazos e murallas. Respectou a tumba do Apóstolo, malia que destruíu a basílica e os mosteiros anexos, que serían reconstruídos posteriormente, e levou como trofeo da súa vitoria as portas da cidade e as campás da igrexa compostelá, que non serían devoltas ata 1236, momento no que Fernando III conquistaba a cidade de Córdoba.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Torrotx, Andalucía -
Deceso
Lugar : Medinaceli, Castela