Almendros Ibáñez, Herminio
Pedagogo. Exerceu o maxisterio, foi inspector de ensino en Huesca, Lleida e Barcelona (1931-1939), profesor de pedagoxía en Barcelona (1933-1937) e creador da Cooperativa Española das Técnicas Freinet. Foi o introdutor do movemento de L´École Moderne en España. Exiliado a Cuba (1940), trala Revolución (1959) foi director xeral de Educación Rural e director das publicacións do Ministerio de Educación (1959-1962). Traballou na Editorial Nacional de Cuba (1962-1967) e dirixiu a Editora Juvenil. É coñecido polos seus textos para nenos e por aqueles que tratan de literatura infantil, entre outros: La imprenta en la escuela, A propósito de la Edad de Oro de José Martí: Notas sobre lituratura infantil (1956), Fiesta (1967) e Pueblos y Leyendas (1967).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Almansa -
Deceso
Lugar : A Habana