Almodóvar, Pedro
Director cinematográfico castelán. Xeralmente recoñecido como o cineasta máis innovador e orixinal do cine español contemporáneo. Os seus filmes reflicten o panorama urbano do seu tempo retratando todo tipo de persoas e ambientes, insistindo en situacións melodramáticas e debuxando antiheroes atribulados polas súas circunstancias. Na súa obra os personaxes femininos adquiren un protagonismo central. Dirixiu as películas Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (1980), Laberinto de pasiones (1982), Entre tinieblas (1983), Qué he hecho yo para merecer esto? (1984), Matador (1986), La ley del deseo (1987), Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988), finalista do premio Oscar á mellor película estranxeira e galardoada co premio Goya á mellor película en 1989, Átame (1989), Tacones lejanos (1991), premio César 1993, Kika (1993), La flor de mi secreto (1995), Carne trémula (1997) e Todo sobre mi madre (1998), distinguida co premio ao mellor director en Cannes no 1999.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Calzada de Calatrava, Castela -
Deceso
Lugar : A Mancha