Alonso, Amado
Lingüista e crítico literario. Discípulo de Menéndez Pidal no Centro de Estudios Históricos de Madrid. Foi director do Instituto de Filoloxía da Universidade de Bos Aires, onde publicou a Revista de Filología Hispánica (1939-1946). Ao pasar á Universidade de Harvard (1946-1952), dirixiu a Nueva Revista de Filología Hispánica (dende 1947), publicada polo Colexio de México. Como lingüista cultivou o campo da fonética (De la pronunciación medieval a la moderna en español, 1955) e a dialectoloxía (Problemas de dialectología hispano-americana, 1930, El problema de la lengua en América 1935). A obra de Alonso, que realizou achegas anovadoras con rigor científico, complétase con traducións de Karl Vossler, Charles Bally, Ferdinand de Saussure e, sobre todo, con estudios como a tese Estrutura de las Sonatas de Valle-Inclán, Poesía y estilo de Pablo Neruda (1955), que abriu novos camiños na estilística científica, Materia y forma en poesía (1955), que agrupa estudios sobre Valle-Inclán, Rubén Darío e Jorge Guillén e Ensayo sobre la novela histórica (1942).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lerín, Navarra -
Deceso
Lugar : Arlington, Massachussts