Alonso Fontán, Antonio

Alonso Fontán, Antonio

Escritor. Coñecido popularmente como o poeta de Meder, cursou estudos primarios na escola da súa parroquia e completou a súa formación estudando Artes e Oficios no colexio de Tortoreos (As Neves), alternándoa co traballo no campo. Aos vinte anos trasládase a Vigo onde rexenta varios negocios.

Conferenciante e colaborador de diversos xornais e revistas. É coautor de varios libros de poesía e homenaxes. Foi un dos fundadores do Partido Galego do Proletariado e de Galicia Ceibe, e promoveu a creación do periódico bimensual A Voz do Condado, dende 1976 ata a súa desaparición en 1978.

Así mesmo, foi o creador, en 1980, do Festival de Poesía do Condado e obtivo varios premios coas súas composicións poéticas, non recollidas en libros. Publicou en 1977 o traballo Apocalipse en Galicia. Sete celulosas, sete e Hai unha terra loubada.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Meder, Salvaterra do Miño