Alonso López y Nobal, Xosé
Foi mariño e enxeñeiro e destacou como matemático. No 1800 encargouse da confección do plano xeográfico e estatístico da Arquidiócese de Compostela. No 1812 foi deputado nas Cortes de Cádiz e no 1814 sufriu persecución polas súas ideas liberais, tendo que exiliarse ata 1820, data na que, tralo triunfo do alzamento liberal de Riego, volve a España. Durante o exilio escribira a obra en seis tomos Consideraciones generales sobre varios puntos históricos, políticos y económicos a favor de la libertad y fomento de los pueblos, y noticias particulares de esta clase relativas al Ferrol y su comarca, que agora pode publicar (Madrid, 1820). Neste segundo período constitucional foi de novo deputado. Volverá ser perseguido a partir do 1823, cando a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís remata co réxime liberal restaurando o absolutismo monárquico de Fernando VII. Retirada a súa obra da venda ao público a partir do 1823, morreu na cidade natal arruinado polos gastos de impresión.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso