Alonso Salgado, Cesáreo
Autor da música da popular “Cántiga”, sobre texto do primeiro poema escrito de Curros Enríquez en 1869, cando compartían ambos unha pensión madrileña na época en que Curros estudiaba Dereito na Universidade Central de Madrid. Alonso Salgado non coñecía a grafía musical, pero interpretou a melodía coa guitarra. Foi Chané quen posteriormente fixo a transcrición ao pentagrama, circunstancia que xerou confusión na posteridade, chegando a atribuír a Chané a autoría da famosa peza. Cesáreo Alonso deuna a coñecer en Trives, a súa terra natal, e máis tarde, entre os estudiantes de Compostela. Aquela popular cántiga pasou con todos os honores á posteridade, sendo poucas as xuntanzas festivas nas que non sexa interpretada co título de Unha noite na eira do trigo. Dáse o fenómeno de que chegou a eclipsar a homónima de Xoán Montes, unha das seis fermosas baladas do compositor lugués.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Pobra de Trives