Alonso Villaverde, Francisco

Alonso Villaverde, Francisco

Poeta, narrador e xornalista, vencellado profesionalmente ao mundo editorial en Edicións Xerais de Galicia. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Acadou en 1990 o Premio Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene polo relato “O mañá depende de nós”. Tamén o Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil no 2009, por A araña e mais eu, Premio Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2012, por A punta de pistola ou Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poétic@.gal. Participou en diversas antoloxías poéticas. O seu primeiro libro de poemas individual é Persianas, pedramol e outros nervios (1992); posteriormente publica A lúa no probador (1992), que recolle relatos e poemas; Silencio (1995) e Territorio ocupado (1998). Como narrador deuse a coñecer no 1991 coa novela Trailer (Premio Blanco Amor de Novela), o libro de relatos Cemiterio de elefantes (1994) e a novela curta Silencio (1995); logo publica Tortillas para os obreiros (1996). Adentrouse no terreo da crónica con Territorio ocupado (1998). No 1997 acada co poemario Cidades o Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil, a mención especial dos Premios da Crítica Galega, o accésit do Premio Lazarillo de Literatura Infantil e a mención na Lista de Honra da revista CLIJ. No 1999 obtivo o Premio Antón Losada Diéguez.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo