Alopa, Lorenzo

Alopa, Lorenzo

Impresor italiano establecido en Florencia a finais do s XV e máis coñecido polo seu nome latino Laurentius Franciscus de Alopa. Imprimiu obras dos clásicos gregos e latinos. Destacan: Antoloxía grega (1494), publicada baixo a dirección do humanista Girano Lascaris, os Himnos de Calímaco, catro traxedias de Eurípides, Medea, Hipólito, Alcestes e Andrómaca, a Argonáutica de Apolonio de Rodas (1496) e a primeira edición da tradución latina das obras de Platón co nome de Laurentius Venetus. Ademais foi o introdutor da utilización das versais en imprenta.