Alpujarras, Revolta das

Alpujarras, Revolta das
[HIST]

Alzamento dos mouriscos granadinos que tivo lugar nas Alpujarras (1568-1570). Entre o 1550 e o 1560, factores de carácter económico e xurisdicional fan que medre o descontento entre os mouriscos, minoría non asimilada por completo ás leis e usos casteláns. A pragmática de 1526 desencadea a revolta. Aben Humeya capitanea a revolta e Xoán de Austria derrota os mouriscos. Entre o 1569 e o 1570 uns 150.000 mouriscos foron dispersados polas comarcas de Sevilla, A Mancha, Extremadura, Castela e Galicia.

Palabras veciñas

Alptigīn | alpujarra* | Alpujarras, Las | Alpujarras, Revolta das | alqueiro | alquenilo | alqueno