alqueno

alqueno
s m [QUÍM]

Nome xenérico dos hidrocarburos acíclicos que teñen nas súas moléculas un enlace dobre. As súas propiedades son as xerais dos compostos da serie olefínica ( olefina). Os alquenos, de fórmula xeral CnH2n, denomínanse substituíndo no nome do alcano correspondente ao sufixo -ano polo sufixo -eno e indicando, se cómpre, a posición do dobre enlace cun número, o máis pequeno posible.