alquilación

alquilación

(< alquilo)

  1. s f [QUÍM/IND]

    Combinación mediante un catalizador dun isoalcano cun alqueno, para obter hidrocarburos saturados ramificados de número de octanos elevados (alquilado). As materias primas empregadas son, dunha banda, o isobutano e o isopentano (empregadas en exceso), e da outra, normalmente, o propeno, os butenos e o isobuteno ou as súas mesturas. A reacción é complexa, e a mestura de hidrocarburos separada por decantación fracciónase para illar o alquilato dos produtos volátiles.

  2. s f [QUÍM]

    Introdución dun grupo alquilo nunha molécula orgánica. A alquilación pode ter lugar sobre un carbono, un nitróxeno, un osíxeno ou un xofre. Os principais reactivos alquilantes son os haluros e os sulfatos de alquilo, e máis raramente outros compostos. Son exemplos importantes: a alquilación dos hidrocarburos aromáticos por reacción de Friedel e Crafts, a alquilación de amoníaco e as aminas.