alquilo
alquilo
s
m
[QUÍM]
Designación xenérica dos grupos que resultan da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo saturado acíclico. Por extensión, calquera dos grupos que resultan da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo non aromático. Os alquilos simbolízanse mediante a letra R. Cando o hidróxeno eliminado provén dun carbono terminal, os alquilos denomínanse substituíndo, no nome do alcano correspondente, o sufixo -ano polo sufixo -ilo. Se o hidróxeno non provén dun carbono terminal, os alquilos denomínanse mediante prefixos unidos ao nome do alquilo correspondente á cadea non ramificada máis longa.
Ex: 2-metil-pentilo.
Citas
- 2-metil-pentilo.