Altai

Altai

Cordilleira de Asia central situada ao O de Siberia e Mongolia, que se estende desde o río Irtyš e a depresión de Xungaria en dirección NO. A altitude media é de 1.500-1.700 m. A serra está flanqueada ao L e ao SL polo grande altiplano de Mongolia. Destacan tamén outros altiplanos máis pequenos como os de Uköc (2.400 m), Kak (2.500 m) e Suok (2.600 m). Ten lagoas importantes como a de Ubs-Nuur e Chobdo-Nuur. A serra de Altai está dividida en: Altai mongol, ou Gran Altai, conxunto formado principalmente por rochas vendinienses (precámbricas) que constitúen un gran horst, e o Altai ruso con xistos vendinienses e formacións paleozoicas, predominantemente calcarias, do Devoniano e o Carbonífero, pregadas durante o Herciniano e con dobramentos de dirección xeral N-NL. O relevo actual orixinouse por fenómenos tectónicos do Terciario Superior.