altaico -ca

altaico -ca

(< topónimo Altai)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Altai, aos altaicos ou ás súas linguas.

  2. s

    Individuo dun pobo turco que habita no Altai.

  3. s [ETN]

    Pobo turco de Siberia que habita a oblast’ autónoma de Gorno-Altai (Rusia), de tipo mongólico, tamén chamado calmuco montañés ou calmuco branco. Son unhas 45.000 persoas.

  4. s m [LING]

    Familia de linguas faladas en Asia Menor, Asia Central, Mongolia e Siberia, formada por tres grandes troncos: o turco, o mongol e o manchuriano. A clasificación destas linguas presenta dificultadas por mor da falta dun coñecemento histórico sólido das poboacións que a integran e pola gran barreira étnica que sufriu ao longo do tempo. Os trazos comúns máis sobresalientes das linguas altaicas son, foneticamente, a harmonía vocálica e a constitución silábica das palabras cunha soa consoante no comezo da palabra. Morfoloxicamente non posúen distinción de xénero gramatical nin inflexión nominal clara. O aspecto máis orixinal é a construción de palabras a partir dunhas bases verbais ou nominais e o uso da aglutinación e a sufixación como recursos gramaticais predominantes.

Palabras veciñas

Altagracia, La | Altai | Altai | altaico -ca | Altair | Altair | Altamaha