alterado -da

alterado -da

(< alterar)

  1. p reg

    de alterar.

  2. adx

    Dise do que está modificado, cambiado.

    Ex: O plan foi alterado por razóns de seguridade.

  3. adx

    Que ten unha perturbación anímica ou moral.

    Ex: O noso amigo está moi alterado pola enfermidade de seu pai.

  4. adx

    Aplícase a quen sente malestar, ira e malhumor.

    Ex: Está tan alterado que xa escachou tres vasos enriba da mesa.

Palabras veciñas

alterabilidade | alterable | alteración | alterado -da | alterador -ra | alterante | alterar