alteración
(
-
s
f
Acción e efecto de alterar ou de alterarse.
Ex: A alteración da orde pública desembocou en protestas dos veciños.
Sinónimos: variación, modificación. Antónimos: conservación. -
s
f
[ECON]
Depreciación que se produce no valor da moeda.
-
s
f
[LIT]
ariación na perspectiva focalizadora dun texto narrativo que non afecta á coherencia interna e externa do relato.
-
s
f
[MAR]
ariación do asentamento dun buque como consecuencia de ter cargado ou trasladado un peso. É positiva cando incrementa o calado de popa e negativa, no caso contrario.
-
s
f
[MÚS]
Efecto de modificar nun ou dous semitóns a altura dunha nota verbo da súa entoación na tonalidade de base. O signo que a indica recibe o nome de accidente; haino de tres tipos: sostido (semitón agudo), bemol (semitón grave) e becadro (anula os anteriores) e pode figurar, ben na armadura (alteración constitutiva) ou ben no curso dunha pasaxe (alteración accidental).
-
s
f
[XEOL]
Transformación das rochas próximas á superficie, pola acción de axentes exteriores, meteóricos (variacións térmicas, precipitacións, xeadas, etc) e doutros (fauna e flora, microorganismos, etc), que prepara a erosión propiamente dita. A alteración das rochas exerce un papel fundamental nos procesos de formación de solos.
Sinónimos: variación, modificación. -
[DER]
alteración de alimentos
Sinónimos: adulteración, corrupción, desvirtuación, falsificación. -
[DER]
alteración de fitos
Sinónimos: adulteración, falsificación. -
[DER]
alteración de medicamentos
Sinónimos: adulteración, falsificación. -
[DER]
alteración de prezos
Sinónimos: falsificación. -
[ALIM]
alteración enzimática dos alimentos
Sinónimos: adulteración, desvirtuación. Antónimos: conservación. -
[DER/ALIM]
alteración microbiolóxica de alimentos
Antónimos: conservación. -
[ALIM]
alteración non enzimática de alimentos
Antónimos: conservación.