alter ego*

alter ego*
  1. loc

    Expresión de orixe latina que significa ‘outro eu’. Emprégase para designar unha persoa moi identificada coas opinións e empresas doutra, que goza de toda a súa confianza ou que se lle asemella moito.

    Ex: É o seu alter ego no traballo, de aí a súa confianza plena.

    Sinónimos: par, semellante, par.
  2. loc [LIT]

    Personaxe moi próximo ao autobiográfico, anque de xeito non recoñecido explicitamente polo autor.

    Ex: Adrián Solovio, protagonista de Arredor de si, é o alter ego de Otero Pedrayo e de toda a Xeración Nós.

    Sinónimos: par, semellante, par.

Palabras veciñas

Altea | Altenburg, Michael | Altenburgo | alter ego* | alterabilidade | alterable | alteración