Alterio, Héctor

Alterio, Héctor

Actor teatral e cinematográfico arxentino. No 1950 constituíu un grupo escénico independente e a partir do 1968 iniciou a súa actividade cinematográfica. De 1971 a 1982 residiu en España. Entre as súas interpretacións destacan: Cría cuervos de Carlos Saura, El crimen de Cuenca (1980), Don Juan en los infiernos e Continental (1989), do director galego Javier Villaverde. En 1984 protagonizou La historia oficial, de Luis Puenzo, coa que acadou o Oscar á mellor película de fala non inglesa. Tamén participou en producións internacionais, entre outras: Flesh and Blood (Os señores do aceiro, 1985), de Paul Verhoeven e Barbablú, de Fabio Carpi.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bos Aires