Altiplano

Altiplano

Rexión de terras altas que se estende dende o S do Perú ata o N da Arxentina incluíndo Bolivia. Cunha altitude media de 3.400 m e unha lonxitude superior aos 900 km, está flanqueada por dúas cordilleiras de elevacións a miúdo superiores aos 6.000 m: a Occidental, que se estende ao longo do límite con Chile, e a Real ou Oriental, que polo centro de Bolivia chega ata Arxentina. O Altiplano coincide co fondo dun antigo e extenso lago. Está drenado por concas endorreicas; o lago Titicaca e o lago salgado Poopó son os máis importantes. A temperatura media é de 8°C, con grandes variacións; pode baixar ata -20°C. O sector N está moi poboado e alí atópanse os principais centros mineiros.