Altman, Robert

Altman, Robert

Realizador cinematográfico norteamericano. O triunfo de MASH, en que criticaba dende a ironía e o humanitarismo, a inutilidade da intervención estadounidense na Guerra do Vietnam, no Festival de Cannes (1970) deulle sona internacional, e converteu a serie homónima que fixo para televisión nun éxito durante máis dunha década. Marxinado pola industria norteamericana polo seu inconformismo verbo da política holliwoodiense, retirouse a Francia, dende onde dirixiu espectáculos operísticos e películas de fición. No 1991 volta aos EE UU para realizar The Player, unha sátira de Hollywood, premiada no 1993 co Globo de Ouro no Festival de Cannes, ano en que recibiu tamén o León de Ouro no Festival de Venecia por Short Cuts. Posteriormente dirixiu Prêt a Porter (1994), Kansas City (1996) e Cookie’s fortune (1999).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Kansas City

  • Falecemento