alucinación

alucinación

(< lar allucinatiōne)

  1. s f

    Acción e efecto de alucinar.

    Ex: Sufriu unha serie de alucinacións pola noite que nos asustaron a todos.

    Sinónimos: delirio, desvarío.
  2. s f [MED]

    Percepción dun obxecto ou dun estímulo externo inexistente, considerados polo suxeito como reais. Segundo a desorde dos sistemas sensoriais pode clasificarse en: a) alucinacións acústicas, nas que se senten sons máis ou menos elementais (acúfenos) ou voces; b) alucinacións visuais como no delirium tremens, a zoopsia ou visión de animais, xeralmente pequenos e repugnantes; c) alucinacións gustativas e olfativas con sabores e olores estraños; d) alucinacións táctiles, que poden ser pasivas (o individuo sente que o tocan) ou activas (cre que toca obxectos); e) alucinacións cenestésicas e do esquema corporal dentro das que se agrupaban as alteracións de despersonalización e da consciencia do eu e, así mesmo, as alucinacións relacionadas coa lei da gravidade (sensación de voar, de flotar no espacio); f) alucinacións cinestésicas, que producen a impresión de que os músculos se contraen mentres se permanece inmóbil. As alucinacións son o elemento constitutivo de moitos estados patolóxicos do individuo. Non hai que confundir a alucinación coa ilusión (simple falsificación da percepción dun obxecto real) e coa pareidolia (ilusión cun grao extraordinario de riqueza e vivacidade).

  3. s f

    Padecer unha serie de alucinacións.

    Ex: As drogas que tomou fixeron que alucinase.

Palabras veciñas

aluaxe | alucar | alucin(o)- | alucinación | alucinado -da | alucinador -ra | alucinante