alumno -na
(< lat alumnus, de alĕre‘criar’)
-
s
[PEDAG]
Persoa que recibe ensino en relación ao seu mestre, ao establecemento docente no que se recibe ou á materia que se aprende.
Ex: Os seus alumnos aprenden matemáticas sen necesidade de calculadora.
Confrontacións: estudiante. -
[MAR]
Agregado naval.
-
alumno bolseiro
-
Persoa que obtén unha asignación económica ou bolsa para continuar cos seus estudios.
Ex: Os alumnos bolseiros prepararon unha serie de xornadas sobre linguaxe musical.
-
Persoa que é eximida de pagar matrícula ou mensualidades nos centros de ensino.
-
-
alumno interno
Persoa que vive e estudia dentro dun establecemento de ensino.
-
alumno por libre
-
Persoa que non segue os seus estudios nos centros recoñecidos polo estado, pero que ten que ser examinado polos tribunais dos centros oficiais.
-
Alumno universitario que non está obrigado a asistir ás clases do centro, pero que ten que examinarse perante os profesores daquel.
-
Persoa que obtén da autoridade docente o permiso de asistencia ás clases e prácticas dos alumnos oficiais, e examínase despois como alumno libre.
-