alunita

alunita
s f [MINERAL]

Sulfato básico de aluminio e potasio (K, Na)K2(SO4)2(OH)6. Cristaliza no sistema trigonal e os cristais son pequenos, atópanse en drusas ou en masas granuladas ou compactas; ten boa exfoliación e é de cor branca ou amarela. A súa dureza é de 3,5-4 e o peso específico de 2,6-2,9. Existen xacementos, entre outros lugares, preto de Roma, de onde se prepara o alume romano.

Palabras veciñas

alumno -na | alumoxel | alundo | alunita | alunóxeno | alusión | alusivo -va