Álvarez Acevedo, Félix
Militar que o 21 de febreiro do 1812 dirixiu o pronunciamento militar liberal da Coruña, que será chamado ‘Pronunciamento de Acevedo’, proclamando a Constitución de Cádiz do 1812. Entrou a formar parte da Xunta Xeral do Reino de Galicia, presidida polo mariño Pedro Agar, Rexente durante a etapa das Cortes de Cádiz. Aproveitando a toma de posesión do novo Capitán Xeneral de Galicia, Venegas, marqués da Reunión, Acevedo detén na Coruña ás autoridades absolutistas. O 25 de febreiro partiu da Coruña cara a Santiago á fronte dunha columna militar antirrealista, que toma a cidade compostelá e libera os presos políticos da Inquisición, entre os que se achaba o conde de Montijo. O 2 de marzo partiu cara a Ourense en persecución do Gobernador Militar de Santiago, o Xeneral Pol, marqués de San Román, con quen se enfronta ao día seguinte, falecendo segundo Otero Pedrayo nun tiroteo preto dun lugar chamado As Portiñas; en Padornela segundo outros, mentres arengaba ás tropas inimigas a se enfrontaren ás súas.
Cronología
-
Deceso