Alvear, Carlos María de

Alvear, Carlos María de

Militar e político arxentino. Na loita pola independencia do seu país presidiu (1813) a Asemblea Constituínte. En 1815 fíxose cargo da dirección do goberno, pero foi derrocado ao cabo de tres meses. Máis tarde foi embaixador nos EE UU (1823); interveu na loita contra o Brasil (1826-1827) e foi Ministro de Guerra (1828-1829), e novamente embaixador nos EE UU (1838-1852).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santo Ángel, Misiones Orientales

  • Deceso

    Lugar : Nova York