Alvedro, Manuel

Alvedro, Manuel

Político. Dirixente, durante a primeira década do século XX, do Sindicato de Carpinteros La Emancipación da Coruña. De tendencia anarcosindicalista moderada, Alvedro foi secretario da Federación de Obreros de la Madera, creada en Barcelona en 1898, e que, nos anos 1908 e 1909, estivo domiciliada na Coruña. Nese mesmo tempo, asemade, dirixiu o voceiro da Federación, La Cuña, editado así mesmo na cidade herculina.