Alzón, Emmanuel Daude de
Alzón, Emmanuel Daude de
Eclesiástico do Languedoc. Formou parte do grupo temperán de Lamennais. Foi vigairo xeral de Nimes e membro do Consello Superior de Instrución Pública, aínda que foi destituído no 1853 pola súa actitude contraria ao novo Emperador, Napoleón III. Fundou as congregacións relixiosas dos Agostiños e dos Oblatos da Asunción. No 1878 interveu na fundación da revista mensual La Croix, que se converteu en diario.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lo Vigan, Languedoc -
Deceso
Lugar : Nimes