Amado Boullosa, Xosé Bieito
Político e mariño. Procedente dunha familia de navieiros galegos, Xosé Benito Amado Boullosa fixo estudios marítimos aínda que abandonou esta profesión para se dedicar á política. Foi tamén un activo xornalista e pertenceu a varias sociedades científicas e literarias. No 1868 desempeñou o cargo de Gobernador Civil en Ourense e posteriormente en Pontevedra. En castelán escribiu lendas e narracións históricas como Misterios de Pontevedra (1845), Las rosas encantadas o las tres hermanas. Cuento fantástico tradicional (1859), Charino o la conquista de Sevilla ou Elvira, Alfonso y Laura. Coa súa composición “El canto de la negra”, recollida no Álbum de la Caridad, chegou a adquirir gran popularidade. En galego é autor de dúas composicións, “Saudades”, publicado en 1876 en O Tío Marcos d’a Portela, e “A romería”, datada en 1882. Empregou ás veces o pseudónimo Juan de Lérez.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Marín -
Deceso
Lugar : Pontevedra