Amalarico
Amalarico
Rei visigodo (510-531). Fillo de Alarico II e neto de Teodorico I o Grande. Recoñecido Rei no 510, Hispania e as rexións da Galia visigóticas pasaron a depender de Teodorico, rexente do seu neto. Morto Teodorico (526), Amalarico maltratou os cristiáns, entre eles a súa dona Clotilde, filla do Rei franco Clodoveo. Este feito provocou un enfrontamento cos francos, que tomaron Narbona. Fuxiu a Barcelona, onde foi asasinado.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Barcelona