Amalasunta

Amalasunta

Raíña dos ostrogodos. Filla de Teodorico I e nai de Atalarico. Durante a minoría de idade do seu fillo actuou como Rexente (526-534). A súa política de achegamento ao Oriente valeulle a hostilidade do Partido Nacional, o que, morto Atalarico (534), obrigouna a compartir o poder co seu curmán Teodato. Este prendeuna en Bolsena (533), onde morreu, feito que provocou a intervención e a reconquista de Italia polos bizantinos.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Bolsena