amalgamación

amalgamación

(< amálgama)

  1. s f

    Acción e efecto de amalgamar ou amalgamarse.

  2. s f [TECNOL]

    Procedemento de extracción do ouro e da prata, e tamén do cloruro de prata, que consiste na separación do metal do mineral, previamente triturada, por disolución en mercurio. A amálgama así formada sepárase da ganga e destilada para recoller o residuo de ouro ou prata e recuperar o mercurio destilado para empregalo de novo no proceso. Unha vez separados por destilación, os metais deben ser refinados co fin de aumentar a súa pureza.

Palabras veciñas

amalequita | Amalfitanas, Táboas | amálgama | amalgamación | amalgamador -ra | amalgamar | Amalia