Amalia

Amalia
[ONOM]

arias son as hipóteses que tentan explicar a orixe deste antropónimo. Uns opinan que se trata dunha forma hipocorística antiga do xermánico Amalberga, composto de amals ‘valente, incansable’ e bergan ‘protexer’; así, moitos nomes da familia real gótica levaban este primeiro elemento amal. Outros relaciónano co apelido romano Aemilius/Amilius. En Inglaterra chamábanlle normalmente Emily á princesa Amelia, filla de Xurxo III. E aínda hai quen o remonta ao grego amelía ( ἀ μέλεια ‘despreocupación, abandono’); de feito,   está rexistrado o nome propio Amelios e posiblemente acabou producíndose unha confluencia da forma grega coa xermánica. Finalmente, tamén se pensa que nomes como Emma e Imma poderían ser variantes de Amalia. A festividade de santa Amalia (s VIII), celébrase o 10 de xullo. Este nome presenta como variante Amelia e como hipocorístico Lucha. Na tradición oral recollense sentencias como: “Santa Amalia montaneira fixo a súa vida senlleira”.