Amañecer
Amañecer
[PUBLIC]
Periódico quincenal, voceiro da “Unión Socialista Galega”, que apareceu en Santiago de Compostela no mes de xullo de 1933. Foi dirixido polo avogado Xoán Xesús González, e tivo de colaboradores a destacados galeguistas como Francisco Fernández del Riego ou Eduardo Blanco Amor. Durou apenas seis meses e estivo redactado parcialmente en galego.